
O meu nome é Martín Villar. Son Enxeñeiro Informático pola Universidade da Coruña (UDC). O meu traballo e compromiso é proporcionar ó cliente unha solución informática e tecnolóxica acorde as súas necesidades.
En qué traballo
A miña especialidade é o desevolvemento integral de aplicacións web a medida para PYMES, estando presente en tódalas fases do desenrolo, dende a xestación da idea ata a implantación e mantemento da súa solución informática.
Sen embargo, as miñas áreas de traballo son as seguintes:
- Aplicacións web
- Aplicacións de escritorio
- Páxinas web corporativas
- Comercio electrónico seguro e tendas online
- Consultoría tecnolóxica
- Administrador de Bases de Datos
- Xestión de redes e administrador de servidores
- Mantemento de sistemas (Linux, Unix e Windows)
Tecnoloxías
As Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) caracterízanse por cambios a un ritmo vertixinoso. Debido a isto recíclome constantemente. Nestos días, estos son os campos e tecnoloxías que mais emprego, ben por preferencia persoal ou ben por necesidade do cliente.
Tecnoloxías Web
- HTML 5, PHP, .NET, Java, Javascript, ASP, AJAX, ActionScript, Adobe Flex, XML
- Spring Framework, Apache Tapestry, Hibernate, Entity Framework, Unity
- Grails, GSP
- Apache Tomcat, Apache WebServer, Jetty
Tecnoloxías de escritorio
- Java
- .NET
- C, C#
- Groovy
- VisualBasic
- Linguaxes científico-matemáticos: FORTRAN, MATLAB