Tenda Online

O comercio do futuro, hoxe

O comercio electrónico ou e-commerce ofrece unha gran oportunidade para PYMES e emprendedores: permite ampliar a súa cota de mercado, reducir gastos, dar a coñecer a súa marca na Internet e relacionarse mellor cos seus clientes.

A gran expansión das tendas online débese a diferentes motivos:

  • Comodidade: o cliente pode ver o seu producto e compralo 24 horas ó día, 365 días ó ano
  • Prezos e promocións: en moitos casos o prezo é mais axustado que nunha tenda física, dado que se eliminan intermediarios e outros gastos
  • Versatilidade e rapidez: pódense cambiar escaparates a golpe de clic, engadir novos productos ou artigos, comezar campañas en segundos e cambialas cando o empresario considere

Cabe salientar o valor engadido que aporta unha tenda online ó seu negocio, marcando unha diferenza directa sobre a súa competencia. Ademais, vostede poderá abarcar mercado nacional e internacional, aumentando así a súa carteira de clientes. As tendas online que desenrolo contan coas seguintes características:

  1. Deseño profesional
  2. Catálogo virtual directamente actualizable polo cliente
  3. Informes de vendas privados para o seu negocio
  4. Internacionalización: a súa web en múltiples idiomas
  5. Soporte para múltiples formas de envío/transportistas
  6. Pagamento electrónico seguro: TPV Virtual, Paypal, Transferencia Bancaria, Contrareembolso...

 

Google España: as vendas pola Internet están a crecer a un ritmo anual do 30% e en poucos anos as vendas dispararanse. Será unha gran oportunidade para as PYMES.